Restaurante

Nosos pratos

O Noso Menú

O restaurante Horta e Viño propón unha carta na que se encontran gran parte dos mellores produtos da gastronomía galega.

Coa axuda do noso chef asesor Fran Sotelino, elaboramos unha carta 100% baseada en produtos galegos de km0 e da nosa propia colleita posto que dispoñemos dunha ampla horta onde cultivamos hortalizas, legumes e froitas de tempada, que son a base do noso menú.

Dispoñemos de espazos diferenciados onde se poden degustar diferentes pratos onde destacan como ingredientes principais a Merluza do pincho de Celeiro, a Tenreira galega, o Porco celta, queixos D.O. Arzúa-Ulloa e Tetilla, o Requeixo de As Neves ou a Lamprea do Río Miño.

En Horta e Viño poderá escoller entre unha gran variedade de pratos da nosa carta. Ademais, durante a semana tamén ofrecemos un Menú de Mercado, que cambia cada día e que o sorprenderá gratamente.

O restaurante Horta e Viño está aberto todos os días dende as 13:00 ata as 00:00 horas.

E como complemento ideal, a terraza, onde poderá degustar os pratos do noso menú ou desfrutar dun café contemplando a paisaxe entre as 10:00 e as 00:00 horas.

INTERNACIONAL

COCTELES

SEN-FUMOS

SPA

RESERVAR AGORA

RESERVAR MESA