Home

TERMOS E CONDICIÓNS

TERMOS E CONDICIÓNS

1.- RESERVAS E CANCELACIÓNS

1.- Para realizar unha reserva será obrigatorio facilitar un número de tarxeta de crédito e a súa data de caducidade a modo de garantía. Se a súa reserva fose a través dunha Axencia de Viaxes, eses datos seranlle solicitados no momento do check-in.

2.-A tarxeta de crédito só é un medio de garantía. A cancelación da súa reserva non suporá gastos, sempre e cando a realice cun mínimo de 72 horas de antelación ao día de entrada no hotel. Si a cancelación fose pasadas esas 72 horas, realizarase o cargo da primeira noite da súa reserva, quedando automaticamente cancelada o total da estancia.

3.- Todos os prezos confirmados das nosas reservas inclúen o 10% IVE.

4.- Unha vez realizada a reserva, enviaráselle un correo electrónico a modo de confirmación. Se non estivese conforme, envíe a súa resposta cos termos acordados.

2.- NENOS

2.1.- Son considerados nenos todos aqueles que teñan entre 3 y 14 años.

2.2.- Compartirán habitación cos adultos titulares da reserva empregando sempre unha das camas supletorias existentes.

2.3.- Os menores de 3 anos serán considerados bebés e poderán aloxarse sen ningún cargo extra.

2.4.- Os menores de 18 anos deberán aloxarse acompañados da súa nai, pai ou titores legais, do contrario solicitarase unha autorización dos mesmos.

3.- CHECK-IN E CHECK-OUT

1.- As habitacións poderán ser ocupadas no prazo que se indicará expresamente no documento entregado no momento da súa admisión.

2.-En función do Decreto 179/2011, do 8 de setembro, polo que se regula o réxime de prezos e reservas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración na Comunidade Autónoma de Galicia, o check-in realizarase a partir das 15h00 e o check-out ata as 12h00 do día de saída.

3.- Se desexa prolongar a súa estancia, déixenos constancia o antes posible e antes da súa hora de saída. Sempre e cando exista dispoñibilidade, procederemos a modificar a súa reserva.

4.-Se se retrasa na súa hora de saída sen previo aviso, o hotel resérvase o dereito de cargar un suplemento por saída tardía correspondente ao 25% da tarifa activa nese momento. Se a súa saída se retrasa ata chegadas as 20h00, cargaráselle o 100% da tarifa aplicada esa noite.

5.- En base á Orde do Ministerio de Interior do Goberno de España 1922/2003 do 3 de Xullo, que establece o rexistro en libros e parte de entrada de Viaxeiros en Establecementos, todos os maiores de 16 anos deberán identificarse co seu documento de identificación persoal (DNI, Carné de Residente, etc.) ou pasaporte á hora de realizar a entrada no hotel. Do contrario, o hotel resérvase o dereito de admisión.

PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES

¿Como pagar unha reserva online?

As reservas, tanto online como telefónicas, realizadas directamente con Nande Hotel da Natureza serán abonadas directamente no hotel á hora de realizar o check-out, xunto ao resto de extras que se produciran durante a estancia.

¿Que pasa se cancelo a miña reserva?

Se cancela a súa reserva cun mínimo de 72 horas de antelación á súa data de chegada non se lle realizará ningún cargo. Non obstante, se cancela dentro desas 72 horas, cobraráselle a primeira noite e cancelarase automaticamente o resto da súa estancia.

¿Para que vale o número da miña tarxeta de crédito?

O seu número de tarxeta de crédito será empregado como garantía da súa reserva

¿Podo viaxar coa miña mascota?

Por suposto, somos un hotel pet friendly e dispoñemos de habitacións nas que poden aloxarse mascotas cos seus donos. Consulte condicións en reservas@nandehotel.com

¿É fácil chegar?

Por suposto! Se vén pola autovía A-52 (sentido Vigo ou sentido Madrid), debe coller a saída 287 (Batalláns, Vilacoba) e no cruce saír á dereita. Na seguinte rotonda, tome a segunda saída e siga de fronte durante 5 kms ata que a atope a igrexa de Taboexa; pasada a seguinte curva, atopará un acceso a man esquerda ao entorno onde se atopan a adega e o hotel. Se vén en avión ata o aeroporto de Peinador en Vigo, a estación de tren ou de autobuses e non quere alugar un coche, póñase en contacto con nós e iremos recollelo. Consulte condicións en info@nandehotel.com. Igualmente, se chega a Oporto ou a Santiago de Compostela consúltenos.

CONTACTO

CONTACTA CON NOS

HABITACIONS

MELLORES PROMOCIONS