Unha casa de pedra antiga escondida entre os “carballos” e a base do noso hotel, o pilar sobre o que gira o novo proxecto enoturístico da bodega Señorío de Rubiós

Escondida entre as árbores, no medio dos carballos había unha casa antiga de pedra xusto detrás da adega Señorío de Rubiós (D.O. Rías Baixas). Unha casa con encanto, con historia e con ganas de darse a coñecer. Esa casa é hoxe a base do noso hotel, o edificio principal das nosas instalacións, pero tamén é o pilar sobre o que xira un novo proxecto da adega Señorío de Rubiós.

A adega, que naceu no ano 2005 froito do traballo e esforzo dun grupo de persoas de O Condado do Tea, foi sempre diferente, remando a contracorrente coa elaboración dos seus tintos dentro dunha D.O. predominante de brancos, de albariño.

Na actualidade elabora brancos, tintos e espumosos, todos eles dentro de Rías Baixas e cunha filosofía baseada na recuperación de variedades e viños tradicionais, os que mellor expresan as características e a esencia destas terras do Condado do Tea.

E con ganas de seguir mostrando estas terras, estas paisaxes, de potenciar esta comarca de O Condado do Tea, que tantas cousas ten para ofrecer, naceu a idea de converter a antiga casa nun hotel e marcar así o inicio dun proxecto enoturístico onde a natureza é a gran protagonista.

Descansa, relaxa, goza nun ambiente natural

2

SUITES

12

HABITACIONS

10

SERVIZOS

VISITE A BODEGA

As reservas feitas a través da nosa web, correo electrónico ou teléfono inclúen unha visita á adega Señorío de Rubiós, onde poderá coñecer todo o proceso de elaboración dos viños brancos, tintos e espumosos desta adega da D.O. Rías Baixas

VISITE A BODEGA

Wifi

Se en vez de desconectar, quere estar permanentemente conectado, tamén pode facelo a través da nosa wifi en todo o establecemento

WIFI

ALUGUER DE BICICLETAS

Un paseo en bicicleta polo entorno do hotel? Só ten que pedilo en recepción e ofrecerémoslle a posibilidade de alugar unha bicicleta e perderse na natureza

ALQUILER DE BICICLETAS

Piscina en construción

Reláxese na nosa piscina de auga salgada

PISCINA