Vales, montañas, ríos, restos arqueolóxicos, gastronomía, cultura… descubra As Neves e a Comarca de O Condado do Tea. E a un só paso de Vigo, as praias, Ourense, Portugal…
ENCONTRA O QUE NECESITAS NO NOSO HOTEL
Vales, montañas, ríos, restos arqueolóxicos, gastronomía, cultura… descubra As Neves e a Comarca de O Condado do Tea. E a un só paso de Vigo, as praias, Ourense, Portugal…
O concello de As Neves está enclavado na comarca de O Condado e a maioría das súas terras están bañadas polo Río Miño aínda que tamén o atravesan outros ríos como o Termes ou o Xuliana, que dan encanto ás súas terras, fan florecer a súa vexetación e son unha das fontes de vida das súas vides, que tamén crecen grazas ao amparo do Sol que acaricia dende os seus primeiros raios os seus campos e as súas hortas.
As Neves é un pequeno municipio situado ao suroeste da provincia de Pontevedra e que rolda os 4000 habitantes, repartidos en 13 parroquias, cada unha cun gran segredo por descubrir.
O noso Concello é rico en variedades paisaxísticas. Ríos, vales e montes compoñen un destino relaxante onde perderse durante uns días en busca da tranquilidade que demandan estes tempos modernos. As beiras do Río Miño son dunha beleza incomparable á vez que a zona montañosa fainos gozar da natureza en estado puro.
Así, se deciden acercarse ata As Neves non deben esquecer visitar o seu casco urbano ou o Monte de San Nomedio, onde descubrirán unha panorámica espectacular dos vales dos ríos Tea e Miño; a área recreativa de Santa Mariña onde ademais poderán dar un bonito paseo pola ribeira do río seguindo o Camiño dos Pescadores; visitar a Romaría de Santa Marta ou deleitarse coas esculturas do Redondelo, onde a arte se mestura coa natureza; así como camiñar polas súas parroquias, nas que se sentirán atrapados polos seus encantos e descubrirán o gran legado histórico-artístico co que contan. Proba diso son os innumerables restos arqueolóxicos atopados, tales como mámoas, petróglifos, castros, bronces romanos, pesqueiras de lampreas, pontes romanas… ademais de monumentos relixiosos (igrexas de diferentes movementos artísticos, petos de ánimas, cruceiros…).
Se As Neves é fermosa polos seus encantos paisaxísticos, non o é menos pola súa gastronomía, que deixa sen palabras a quen se acerca a probala. Destacan a lamprea, os produtos de caza e, como non, o Requeixo e a Mel, que teñen a súa festa propia. Todo isto regado, por suposto, cos mellores viños brancos (Albariño e Condado) e os tintos de Rubiós.
Ademais de As Neves, a comarca de O Condado conta con moitos encantos e lugares para perderse como as murallas de Salvaterra do Miño e o seu museo do viño ou as pesqueiras de Arbo.
Señorío de Rubiós: http://www.srubios.com/
Geodestino Condado Paradanta http://www.turismoencondadoparadanta.gal/
Turismo As Neves https://www.asneves.gal/desenvolvemento-turismo/
Turismo A Cañiza http://www.caniza.org/?_=/la-villa/conoce-a-caniza&lang=es
Turismo Crecente http://www.crecente.es/
Turismo Arbo http://www.concellodearbo.es/eportal/portal/?id_seccion=3
Turismo Salvaterra de Miño http://www.concellodesalvaterra.com/turismo
Turismo Salceda de Caselas http://salcedadecaselas.gal/turismo/
Turismo Ponteareas http://www.turismoponteareas.gal/es/sobre-ponteareas/informacion-util/
Turismo Mondariz Balneario http://mondarizbalneario.es/web/es/oferta-turistica-2/
Turismo Mondariz http://concellodemondariz.gal/lugares-de-interes/
Turismo Covelo http://www.concellodecovelo.es/?sec=27
Turismo Rias Baixas https://turismoriasbaixas.com/inicio
Turismo de Galicia https://www.turismo.gal/inicio
Arrepions https://www.arrepions.com/es/
Paralelo Zero http://www.paralelozero.net/pzero/
Vaguada Aventura http://www.vaguadaventura.com/
Guias Malouco https://www.guiasmalouco.com/