ENTRADA

21

Dec
SAIDA

22

Dec
PERSOAS

1

HOTEL NANDE

Un oasis de paz en plena natureza

Viva a experiencia nun entorno natural rodeado de 4 ha de terreo virxe, onde poderá relaxarse, descansar, realizar actividades en plena natureza ou deleitarse cunha experiencia gastronómica

HOTEL NANDE

OS NOSOS CUARTOS

Poñemos á súa disposición 9 habitacións estándar, 2 superiores e 1 suite. Todas con nomes de uvas da D.O Rías Baixas, todas diferentes, todas especiais e cunha historia que contar e que lle invitamos a descubrir

Hotel Nande

LOUREIRA BRANCA

3 PERSOAS

35 m2

LOUREIRA BRANCA

RESERVA AGORA DENDE 70 €
HOTEL NANDE RESORT

DESCUBRA O NOSO

Hotel

Redescubra unha nova forma de viaxar no interior de Galicia. No noso hotel conseguirá tomar o control do tempo gozando de todo o que o entorno natural nos dá. Poderá relaxarse no spa, perderse en plena natureza, camiñar entre árbores,

descubrir novas sendas en bicicleta ou a cabalo ou tan só deixarse levar polos sons que o rodean e esquecerse de todo. E, como non, vivir toda unha experiencia gastronómica no noso restaurante.

As nosas Ofertas
Boa Comida

Restaurante

Calidade e tradición con ingredientes KM0 e da nosa propia colleita. Un menú deseñado por Fran Sotelino, no que prima o sabor, a calidade, a sostibilidade e onde os produtos da nosa propia horta teñen un papel protagonista. Poderá gozar dunha experiencia gastronómica baseada nunha cociña tradicional actualizada.

HOTEL NANDE

Recepción

Servizo familiar e próximo. Aberto 24 horas á súa disposición. Estaremos encantados de poder atendelo en calquera momento. A nosa máxima satisfacción é que se leve un bo recordo de cada momento no noso hotel.

Relaxa e goza das túas vacacións

Hotel Nande Resort